Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2014

"Mucho ruido y pocas nueces" - Las Grotesqués

Un momento da representación Divertimento, distracción, diversión, entretemento, pasatempo. Sinónimos dun concepto ás veces tan difícil de atinxir pero que se fixo patente na versión de "Mucho ruido y pocas nueces" que Las Grotesqués presentaron no auditorio do Pazo da Cultura. Certo é que da súa parte contaron cunha das comedias de equívocos máis coñecidas de Shakespeare, con permiso de "El sueño de una noche de verano". Pero tamén hai que admitir que conseguiron manter a atención do público durante a maior parte da representación, intercalando constantemente os enredos do texto orixinal coa maraña entretecida por elas mesmas grazas á súa axilidade para mudar de personaxe, de situación e mesmo de espazo. O poder da peza certamente non recae no vestiario, ou nos decorados, sinxelos, acaídos, elegantes e funcionais, mais non primordiais. O peso da proposta repousa nos ombreiros das tres actrices, Elena Lombao, Celia Freijeiro e Tusti de las Heras. Ningunha dela

"A tempestade" - Voadora

A peza conta con escenas de gran plasticidade Dende o primeiro momento e salvo honrosas -nalgún caso deshonrosas- excepcións, o leitmotiv desta XXIII edición do FIOT é o teatro clásico e as novas olladas sobre as obras de autores tan ilustres como o son Shakespeare, Cervantes, Lope ou Calderón. Non obstante, e admitindo que os grandes nomes do teatro están aí, existe un fío condutor subxacente que pode sentirse con moita intensidade na ampla maioría das propostas e que transpiran polos poros os directores e autores invitados a esta edición do festival. Trátase do metateatro, ou por expresalo de forma máis sinxela, do teatro dentro do teatro, do mesmo xeito que se sinte unha teimuda vontade por derrubar a cuarta parede. Probablemente pola necesidade de volver os clásicos do revés, de mudalos por completo. Moitas das pezas presentadas reflicten unha nova visión sobre o traballo que supón a construción dunha obra teatral, ou dunha nova proposta escénica, mais cos seus alicerces no pe

"Greenwich Art Show" - Macarena recuerda Sheperd

Un momento da performance no Pazo Imaxe orixinal (esq.) e recreación de Macarena Macarena Recuerda Sheperd ten amosado xa no FIOT o seu interese por derrubar as barreiras. Por ofrecer unha visión distinta do fenómeno teatral, máis próximo á performance que á representación propiamente dita. Cunha mestura entre "falso documental" e teatro que resulta orixinal e xenuina, pero que, quizabes, debería ampliar as súas fronteiras. Na súa primeira visita ao festival, deixou unha grande pegada pola súa frescura e naïveté perfectamente estudada noutra performance: "That's the story of my life". Na súa segunda visita, como Lidia González, explotando máis estritamente a súa faciana de actriz, deixou tamén moi bo sabor de boca con "Fingir" . E con este "Greenwih Art Show", de novo como Macarena, a súa frescura como contadora de historias está intacta, mais a novidade das formas perdeu parte da súa forza. Desta volta, resulta máis interesante a na

"Harket [Protocolo]" - Panicmap

Cristina Fernández realiza un solvente traballo en "Harket" Dende que naceu hai xa cinco anos, o OTNI adoita deixar algunhas das propostas do FIOT máis suxerentes. Aínda que o público as apoia de xeito desigual, cada vez ten uns seguidores máis fieis que celebran a presenza dunha visión diferente e, como ocorre en "Harket [Protocolo]", interdisciplinar do fenómeno teatral, transcendendo os seus límites e conectándoo co deseño, coa tecnoloxía ou coa danza, mais sen abandonar a súa esencia. Non obstante, nesta proposta de Panicmap a forma é máis orixinal que o fondo e a técnica resulta máis impactante que unha historia que xa nos teñen contado, pero que, en todo caso, está ben narrada e mesmo excelentemente interpretada por Cristina Fernández -alias Cristina Harket-, que certamente realiza un impresionante alarde físico. Durante a peza, a escenografía -ou diriamos mellor decorado virtual- e a danza acaban por ser un personaxe

"Fuenteovejuna. Breve tratado sobre las ovejas domésticas" - Obskené

Obskené no Mercado Municipal Sensacións encontradas deixa a "Fuenteovejuna" de Obskené, unha proposta que espertou unha xenerosa resposta por parte do público que ateigou o Mercado Municipal, unha vez máis transformado para acoller certos espectáculos do FIOT que non se axustan ao convencional. Un espazo que, mentres que axudou a que a peza mantivera o seu carácter de "teatro de rúa" para o que foi concibida, cunha perfecta immersión do público no especial rabaño do que chega a formar parte, dificultou non obstante a comprensión do texto, cunha loita constante contra unha molesta reverberación do son que ás veces foi esgotadora. Tampouco a iluminación foi a idónea, porque, aínda que parece lóxico que a intención da compañía foi manter ese aire espontáneo e falto de artificio que se respira nas propostas de rúa, xa que se atreven con espazos escénicos diferentes -e certamente o Mercado non é unha ágora stricto sensu- poderían axustar máis a proposta para redund

"The Gagfather" - Yllana

Un momento da representación de Yllana Yllana é unha máquina comercial. Un produto. Unha sorte de "fast food" teatral. "Comida chatarra" que dirían en latinoamérica. Cociñada con ingredientes concretos, manidos e ben coñecidos. Unha proposta que enche o estómago pero que non sacia a fame. Pensada para un rápido consumo e absolutamente esquecible unha vez traspasadas as portas do teatro. O público habitual ten os códigos ben aprendidos. Sabe que non debe sentar na primeira bancada se non quere acabar empapado. Confía en que nalgún momento lle tocará interactuar cos actores. Espera a música pop, pegadiza, que invita a bater palmas. Sabe que os aplausos finais están máis que ensaiados, coordinados tamén coa mesma música recoñecible para asegurar unha ovación dunha duración e intensidade determinada. Todo está perfectamente encaixado nunha falsa aparencia de espontaneidade para ofrecer unha proposta na que as risas e as ovacións estean onde deben, case como ocorre

"Los brillantes empeños" - Grumelot

Un momento da representación Ás veces as propostas teatrais están pensadas para facer rir. Outras para facer chorar. Outras para producir arrepíos. De cando en cando, para sorprender. E así poderiamos seguir enumerando o máis amplo abano das emocións humanas. Mais hai algunhas propostas, moi escolleitas, que simplemente fan SENTIR. Sentir sen máis. Sentilo todo. Entre estas, podemos encadrar "Los brillantes empeños" de Grumelot. Frustración, angustia, luxuria, tenrura, enfado, opresión, opresión, opresión... amor. Soidade, tristura, calor, suor, sexo, desesperación, anhelo, afán, morriña... angustia. Todas presentadas dunha forma crúa, núa, incluso desgarradora. Tan núa como os propios intérpretes, marabillosos nos seus papeis e que en distintos momentos da peza conseguen transmitir as súas inquedanzas, os seus pensamentos, as súas emocións e os seus sentimentos máis que politicamente incorrectos total e literalmente espidos en corpo e alma. Sempre incomodando ao espectad

"En un lugar del Quijote" - Ron Lalá

Ron Lalá recolleron o Premio do Público 2013 Poder observar de preto a evolución dunha compañía teatral é un privilexio. Comprobar como medra, como vai refinando pouco a pouco o seu humor, o seu gusto, a súa forma de ver e entender o teatro, é unha marabilla. O meu comentario sobre "En un lugar del Quijote" podería resumirse nunha única frase. Declárome ronlalera. Polo tanto, concedo licenza para fuxir destas verbas a todos aqueles que non compartan o meu entusiasmo por este grupo de amantes do teatro, da literatura, da música e, cada vez máis, da sutileza, da imaxinación, do metateatro, do bo facer e da interpretación. E cun dominio tal da escenografía, que ás veces o voo duns papeis, o movemento dos focos, un pequeno son ou unha simple tea emocionan máis que calquera palabra pronunciada. Da súa primeira función no FIOT, con "Mundo y final" a este Quijote, hai tal abismo que semella que non son a mesma compañía, salvo por certo estilo inherente que se resis

"Bobas&Galegas" - Producións Teatrais Excéntricas

Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo O FIOT sempre reserva o mellor da súa programación para o final, cunha honrosa excepción: o día da estrea. Os ruxerruxes do público, a emoción do comezo dun novo festival e a expectación esixen que a primeira función de sala conte, se ben non coa excelencia da do albaroque, cun plus de calidade con respecto do resto. É, por así dicilo, a declaración de intencións do festival. Mais neste caso, cabe esperar que as intencións desta moi "boba", pero quizabes pouco "galega" proposta de Mofa e Befa sexan amplamente melloradas polos espectáculos que quedan por vir. Para quen tivemos a ocasión de ver a Quico Cadaval, director e responsable da dramaturxia de "Bobas&Galegas", nas distancias curtas, resulta evidente que é unha persoa de verbo fácil, algo errática ás veces nas súas reflexións, pero cunha grande sabedoría teatral e coa capacidade de transmitir o entusiasmo e o interese que sinte cando conta. É unha mágoa que so

Programa do XXIII FIOT

Programa da XXIII edición do FIOT Non adoito escribir neste blog sobre temas que non sexan estritamente teatrais, ou estritamente relacionados co FIOT pero, aproveitando o comezo dunha nova andaina do festival, fago unha excepción para darlle as grazas a todas aquelas persoas que o ano pasado e o anterior tomaron a molestia de ler a miña opinión sobre as propostas teatrais, de estar de acordo ou disentir coas miñas verbas e, sobre todo, de compartir a miña afección polo teatro. Grazas a tod@s!