Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2015

"Ojos de agua" - Ron Lalá e Galo Films

"Ojos de agua" está protagonizada por Charo López e Fran García "Ta, ta, ta. Sólo quién de seso carece desea lo que perdió". Por iso mesmo, semella imposible desexar que volva a enerxía, o pulso e o xenio a unha Charo López que, como a propia Celestina , a Trotaconventos á que tachaban de "puta, bruja, maga y alcahueta", ten vivido tempos mellores. Alomenos, e admitíndoo con pesar, se xulgamos a función vivida no FIOT. Aínda que, do mesmo xeito que ocorre coa beleza da celebérrima meretriz "quién tuvo, retuvo". Así, albiscamos esa elegancia innata da actriz movéndose polo escenario. Esa sensualidade que é quen de levar como unha segunda pel. Esa maxia que crea en momentos moi puntuais co manexo da súa voz de veludo. Non obstante, o cansanzo, o esgotamento e a falta de ritmo van cercando a peza, gañando pouco a pouco a partida para chegar a un final en que por fin descansan tanto a López como a Celestina. "Ta, ta, ta

"Othelo" - Gabriel Chamé

Iago verte sobre Othelo o veleno dos ciumes Resultou un chisco complicado pillarlle o punto ao humor, a dramaturxia e a visión que a compañía arxentina Gabriel Chamé deixa caer sobre o "Othelo" de Shakespeare. Ao primeiro, tardamos un anaco en adaptarnos, no só á súa forma de falar e xesticular, que pode semellarnos esaxerada -debido tamén ás diferenzas entre idiosincrasias- senón tamén a causa da súa escola de interpretación, que emprega uns modos manieristas para abordar a construción da peza e das personaxes, na dicción e na fala; e tamén nos movementos, moi notoriamente marcados a través do clown, introducindo unha forma certamente especial de transmitir. O frenético comezo tampouco axuda, cun ritmo vertixinoso que afasta, en lugar de achegar. Mais nun momento determinado aparece Iago (Hernán Franco) e, poñendo o metateatro en primeiro plano, solidarízase c un espectador algo atafegado, asumindo que o que están facendo enriba do escenario pode ser unha sorte de toler

"Strpts//Episodio 1: Mirlo & Rula" - Cinema Sticado

Cinema Sticado emite un filme en directo con elaborados decorados e figuras de cartón " Cinema no vivo, sen audio ou vídeo pregravado". Iso é o que prometen os galegos Xosel Díez e Helena Varela con Cinema Sticado e iso é o que poñen enriba da mesa en "Strpts//Episodio 1: Mirlo & Rula". Non é a primeira vez que propostas similares visitan o OTNI. A formulación da peza lévanos inevitablemente a rescatar dos nosos maxíns a  Macarena recuerda Sheperd . Porén, neste caso a aposta polo mundo audiovisual é moito máis pura, sen apenas concesións para a pericia interpretativa máis aló duns cantos diálogos escolleitos e algúns movementos perfectamente coreografiados. E o enfoque afástase tamén moito da lixeireza e da tensión narrativa de Macarena, de tal xeito que dende o comezo borramos inmediatamente os vestixios da proposta anterior para afrontar unha peza moi distinta. No apartado técnico, este striptease é impecable e abraiante, elaborado a