Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

Programa do XXV FIOT

Xa que varias persoas teñen expresado con moita amabilidade e indulxencia o seu interese polos meus comentarios sobre as propostas do 25 FIOT, síntome na obriga de aclarar que este ano, por motivos persoais, serame imposible escribir as habituais críticas sobre as funcións do festival, polo menos non coa mesma regularidade. Mesmo non puiden asistir, con moito pesar, a unha delas, como foi o caso de "Solitudes" de Kulunka Teatro. A verdade é que, a pesar de todo, teño a tentación de escribir algunhas verbas sobre as dúas que teño visto, como foron "Ivan off", de La Casa de la Portera, ou ese "Rinconete y Cortadillo" de Sexpeare. Ou de intentar manter, aínda que con retraso, algún breve apuntamento sobre algunha das propostas que aínda quedan por vir. Non teño claro se poderei facelo, porque non creo que sexa quen de elaboralas co tempo e a dedicación que a min me gustaría. En todo caso, grazas a todas aquelas persoas que o ano pasado leron o meu blog, e i