Un momento da representación Divertimento, distracción, diversión, entretemento, pasatempo. Sinónimos dun concepto ás veces tan difícil de atinxir pero que se fixo patente na versión de "Mucho ruido y pocas nueces" que Las Grotesqués presentaron no auditorio do Pazo da Cultura. Certo é que da súa parte contaron cunha das comedias de equívocos máis coñecidas de Shakespeare, con permiso de "El sueño de una noche de verano". Pero tamén hai que admitir que conseguiron manter a atención do público durante a maior parte da representación, intercalando constantemente os enredos do texto orixinal coa maraña entretecida por elas mesmas grazas á súa axilidade para mudar de personaxe, de situación e mesmo de espazo. O poder da peza certamente non recae no vestiario, ou nos decorados, sinxelos, acaídos, elegantes e funcionais, mais non primordiais. O peso da proposta repousa nos ombreiros das tres actrices, Elena Lombao, Celia Freijeiro e Tusti de las Heras. Ningunha dela
Comentarios e impresións sobre as propostas do FIOT, festival de teatro que se celebra en outubro en Carballo.