Sergi López e Jorge Picó durante a función Unha viaxe existencial apoiada no humor surrealista e absurdo, no sarcasmo, na sátira e con moito fundamento: "el buscar". Este podería ser o conciso resumo de "30/40, Livingstone" na que Sergi López e Jorge Picó espertaron non poucas risas entre o público do auditorio do Pazo da Cultura nunha das propostas máis delirantes deste FIOT. Os dous actores, nun escenario practicamente baleiro, realizan unha interpretación moi física cunha xestualidade e expresión corporal que o mesmo serve para provocar gargalladas, que para transmitir frustración ou mesmo un baleiro existencial. Digna de mención a técnica e o esforzo de Jorge Picó, nun contrapunto cómico-mítico e mudo. E especialmente intenso o dispendio de forza de Sergi López, que, a pesar de certos histrionismos, mantén en todo momento o ritmo e a tensión da peza, amosando un grande talento para a comedia, transcendendo calquera circunstancia ridícula -ou máis ben servín
Comentarios e impresións sobre as propostas do FIOT, festival de teatro que se celebra en outubro en Carballo.