"Silencio, por favor" Antes de que o FIOT anuncie o Premio do Público desta 31 edición do festival, vou ensinar o que sería o premio particular de Rebeca, que non ten valor ningún. Non só porque é unha opinión particularísima dunha persoa calquera, senón tamén porque só dei alcanzado a ver menos da metade das propostas dun festival que xa é un mastodonte que chega a todos os públicos e a todas partes. Pero este ano apetecíame ensinar as miñas votacións, tal e como foron emitidas no momento. Na maioría dos casos non son notas absolutas sobre cada proposta individual, senón en relación ao resto das propostas do mesmo FIOT. Chegados ao final e mirando atrás, descubro que poucas matizacións faría sobre o votado naquel entón, aínda que si algunha. Subiría 0,5 por aquí, baixaría 0,5 ou 1 por acolá... Pero máis ou menos quedaría como está. En xeral, desfrutei moito, moitísimo e, como a min a valoración de 1 ao 5 non me acae, vou dicir que a miña nota global das propostas do #FIO
Comentarios e impresións sobre as propostas do FIOT, festival de teatro que se celebra en outubro en Carballo.