Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2013

Emilia - Producciones Teatrales Contemporáneas

Un momento da representación Cando un se dispón a escribir sobre unha proposta dun autor tan consagrado como Tolcachir e na que interveñen intérpretes tan coñecidos como os que aparecen en "Emilia", sempre asaltan as dúbidas. Quen son eu para xulgar esta proposta? Porén, o bo das artes escénicas é que están feitas para xerar opinión e todas valen. Porque desde o momento en que un paga unha entrada para ver un espectáculo, adquire o dereito de opinar. Aínda que a celebérrima Sarah Bernhardt viñera dende o máis alá a visitar as táboas do Pazo da Cultura, calquera podería dicir que non lle gustou. Que lle pareceu isto ou aquilo. Por iso, direi que "Emilia" non é un final xusto para a 22 edición do FIOT e non está á altura do que prometen nin o cartel nin o dramaturgo nin o propio prestixio do festival. Trátase dunha obra cun desenvolvemento pobre e unhas interpretacións aínda máis pobres, coa única excepción de Gloria Muñoz, unha auténtica dama do teatro que outor