Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022

Silencio - Avance Producciones Teatrales y Entrecajas Producciones

 "The rest is silence" Blanca Portillo recolleu o Premio do Público 2015 por El testamento de María   Tentada estou de recorrer ao silencio literario e deixar o folio en branco. Porque nada do que poña por escrito pode describir ou facerlle xustiza á resplandecente e excepcional carta de amor ao teatro que o pasado domingo nos deixaron Juan Mayorga e Blanca Portillo . Hai tanta sabedoría literaria, lingüística, interpretativa, vital nesta peza, que nada do que poda dicir servirá para ilustralo. Pero, como o meu oficio é o de escribir, vou crebar o silencio aplauso por aplauso. O primeiro vai para Juan Mayorga, pola ocorrencia de coller como punto de partida o seu propio discurso de ingreso na  RAE  en 2018, cando falou da arte de non dicir nada. Na súa primeira acepción de " silencio " o dicionario defíneo como a "abstención de falar". Quen diría que unha descrición tan anódina podería dar tanto de si, transformándose en cegadora maxia metateatral. O segu

La voluntad de creer - Buxman Producciones e Teatro Español

 "Cuestión de fe" O teatro, como a vida -ou viceversa- é máis unha cuestión de "crer ou non crer" que de "ser ou non ser". Así o expón  Pablo Messiez nesta peza na que nun determinado momento nos dan permiso explícito para quedar ou marchar, pero o que ocorre é que xa estabamos irremediablemente presos. Inspirada nunha obra de teatro de Kaj Munk  adaptada no premiadísimo filme de Dreyer   Ordet (1955, dispoñible en Netflix ), Messiez fai unha viaxe do teatro ao cinema e de volta ás táboas... ou á realidade? Xa Shakespeare dicía que a vida non é máis que unha hora no escenario que fuxe rapidamente no esquecemento, pero Messiez vai máis aló, dándolle a volta á metáfora: porque para el o teatro é existir. Xa nolo comezou a amosar no FIOT hai anos con Los brillantes empeños e volve a facelo. Teño que recoñecer que baixei as escaleiras do auditorio moi favorablemente predisposta. O elenco comunícase con nós desde o primeiro momento e, non é que rompan a cu

"Eclipse total" - Pont Flotant

 "A vida mesma" Foto: Nerea Coll O noso paso por este mundo que xira e xira no espazo infinito sen parar nin un momento, como cantaban  Jimmy Fontana , Jesús e tantos outros, dura o que dura un soprido. Se a historia da humanidade se medira en quilómetros, serían máis ou menos os que hai desde Carballo a  Lyon , uns 1453, desde o  Big Bang  ata hoxe. E na lonxitude da cronoloxía das cousas, somos un centímetro, un milímetro, unha micra. Con esa premisa comeza o  Eclipse Total  de  Pont Flotant , con quen emprendemos unha viaxe absolutamente marabillosa. Na  reseña anterior  dicía que estaba constantemente na procura da transcendencia neste  FIOT . E, coma se me escoitaran, na organización dixeron: "non querías caldo, pois toma dúas cuncas". Pero vaia cuncas! Que felicidade ir ao teatro e sentir, emocionarse, meterse nunha historia da que non queres saír para acabar descubrindo que tampouco poderías, porque esa historia xa é a túa: a vida mesma. Alex Cantó e Jesús Mu

"Impalpable" - Sambuseck

 "Ensaio sobre o provincianismo" Ás veces resulta complicado enfrontarse á folla en branco. Porque, que escribir cando unha proposta está ben construída, ben interpretada, ten un bo ritmo, pero semella que non acaba de estoupar? Nanda Abella, Natalia López e Agustina Rodríguez fan un bo traballo, mesmo excelente, seguindo as esixencias nunha peza moi coreografiada e marcada. A escenografía e a iluminación son acaídas e fermosas. A historia conta cun bo número de ingredientes para afondar nun feixe de temas: a soidade, a natureza do éxito e do fracaso, o machismo, o abafante das vidas das mulleres doutros tempos, non tan alonxados dos actuais en moitas cousas... Porque viven nun cadrado pintado no chan, ao puro estilo Dogville , no que os movementos están sempre determinados de antemán, nunha ríxida rutina de cidade provinciana. Mais unha delas consegue saír, desencadeando unha serie de acontecementos que acaban por quitar o veo da falsa realidade na que vivían. Tan só a sombr

"70 años - Leo Bassi"

 "O bufón e a saudade" "A persoa máis importante aquí son eu", afirma Leo Bassi nun momento do espectáculo no que o público contén o alento. E non mentía. O domingo asistimos ao seu panexírico en vida. Unha revisión un tanto irregular da súa  traxectoria profesional, e, de paso, vital. Querería isto dicir que o espectáculo carece de interese? Certamente, non. Máis sabe o diaño por vello, que por diaño. E este clown sabe todo o que hai que saber sobre os escenarios para que os seus 70 anos atrapen. Como bo "trilero", conquista ao espectador tirando da súa vasta experiencia, e vai enfeitizando aos ratos coa súa frauta. Ata que esquecemos realmente a que viñemos ao teatro. Pero xa non importa. O mesmo fala do ascenso de Meloni en Italia que reflexiona sobre a situación en Ucraína . Desfrutamos da maxia circense dun novísimo Leo na BBC , do seu bautismo nuclear en Nevada ou mesmo dunhas imaxes -que ousaría dicir que para a  maioría do público resultaron inéd

"Búho" - Titzina teatro

 "Somos memoria"   Foto: Vanesa Rábade Desde que encontrei por primeira vez a  Titzina Teatro  con  Folie a deux - Sueños de psiquiátrico  anotei o nome desta compañía no meu maxín. E sempre que podo volvo a encontrarme con eles. Porque Diego Lorga e Pako Merino pagan a pena. A súa particular maneira de somerxerse na mente humana a miúdo toca, con precisión cirúrxica, as teclas necesarias para que os acompañes nas súas viaxes. Traxectos que non sempre son fáciles ou cómodos, pero, como din os anglosaxóns: "no pain, no gain", sen esforzo non hai recompensa. En Titzina son intensos. Nas súas pezas atopamos temas como o destino, a morte, a loucura, ou, coma neste caso, a memoria. Ou, máis concretamente, a falta dela. E, por se a alguén lle queda algunha dúbida despois de ver  Búho , nada do que observamos enriba do escenario é casual. Todo está milimetricamente estudado, documentado e mesmo vivido. Espeleólogos, antropólogos forenses coma o protagonista, Mossos d&#

"Conferencia espectacular" - David Espinosa

"Sobre o punto de vista" "Isto non é teatro nin é nada", exclamaba un espectador -que agardo perdoe a indiscreción- ao remate desta peza de David Espinosa. E algo de razón non lle falta. Pero, quere dicir isto que non pagou a pena asistir a esta "Conferencia espectacular"? Habería que preguntarlle aos asistentes, por suposto, pero eu coido que foi unha hora proveitosa. Probablemente non para enfrontalo como un espectáculo ou como un acto teatral ao uso, á fin e ao cabo, nisto consiste o OTNI. Pero si, e fundamentalmente, como repaso histórico das artes escénicas máis alternativas, "artes vivas", pero sen as que, con total seguridade, o teatro máis "popular" ( ou "morto", sic), non tería avanzado. Cunha ollada irónica e non exenta de humor (resulta como pouco chocante ver a Pina Baush transformada nunha barbie bailarina) escoitamos nomes ilustres do teatro contemporáneo máis "transgresor" (palabra manida e baleira de

"Pirolíticos" - Mofa e Befa

  Foto: Vanessa Rábade "Trinta anos non son nada, ou si..." Táboas, táboas, táboas e máis táboas. Din que 20 anos -neste caso 30- non son nada. Mais no caso de "Pirolíticos" de Mofa e Befa, resultaron selo todo. A complicidade de Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo enriba do escenario fixo que esta estrea semellara ser unha peza que leva moita máis rodaxe. Resulta obvio que, a estas alturas da súa carreira, a un deles pícalle o nariz antes sequera de que o outro saiba que vai esbirrar en escena. Agás nalgúns momentos puntuais nos que decae o ritmo e que irán desaparecendo co paso do tempo, todo encaixa na engrenaxe desta proposta. Nun xogo de "poli bo" (Víctor) e "poli malo" (Evaristo), estes dous integrantes dunha peculiar banda de rock "morada" buscan constantemente alternar a seriedade e circunspección dun tema tan transcendente coma o feminismo, coa irreverencia, ou máis ben co "perralleirismo" da compañía. Resulta necesario

Volver a empezar...

Este ano, despois de cambios persoais, dunha pandemia e da vida mesma, que pasa inexorable, volvín ao auditorio do  FIOT  para quedarme durante todo o festival. E non tiña pensabo volver a escribir. Púxenme moitas escusas a min mesma, sendo a falta de tempo a principal. Pero, un fioteiro asiduo e compañeiro de letras, animoume a volver (grazas Santi). E aquí estou. Seguramente as miñas reseñas sexan moitísimo máis breves nesta "recuncada". Os tempos do TikTok invádeno todo. Pero, aínda así, de súpeto, viñéronme as gañas de intentalo de novo. Vou tarde e mal, pero, como fundamentalmente sempre fixen isto por min mesma, e non polos potenciais lectores e lectoras que puidera ter, aquí vou. Porque sempre, sempre é un pracer reencontrarse co teatro e coa escritura...