Saltar ao contido principal

"Eclipse total" - Pont Flotant

 "A vida mesma"


Foto: Nerea Coll
O noso paso por este mundo que xira e xira no espazo infinito sen parar nin un momento, como cantaban Jimmy Fontana, Jesús e tantos outros, dura o que dura un soprido. Se a historia da humanidade se medira en quilómetros, serían máis ou menos os que hai desde Carballo a Lyon, uns 1453, desde o Big Bang ata hoxe. E na lonxitude da cronoloxía das cousas, somos un centímetro, un milímetro, unha micra. Con esa premisa comeza o Eclipse Total de Pont Flotant, con quen emprendemos unha viaxe absolutamente marabillosa. Na reseña anterior dicía que estaba constantemente na procura da transcendencia neste FIOT. E, coma se me escoitaran, na organización dixeron: "non querías caldo, pois toma dúas cuncas". Pero vaia cuncas! Que felicidade ir ao teatro e sentir, emocionarse, meterse nunha historia da que non queres saír para acabar descubrindo que tampouco poderías, porque esa historia xa é a túa: a vida mesma. Alex Cantó e Jesús Muñoz interpretan a peza con tal naturalidade que todo parece fácil, acaído, pertinente. Chega só cos seus corpos e voces, cunha plataforma que xira no universo das cousas para que acompañemos a dúas familias no seu traxecto. Descubrimos que moitas veces as lembranzas máis entrañables xorden arredor dunha mesa, porque, como dicía John Lennon, a vida é todo aquilo que nos pasa mentres facemos outros plans. E aínda que imos adiviñando o que vai ocorrer, porque á fin ao cabo, todos os que asistimos á función sabemos -aínda que non o desexemos- o que nos agarda, sen poder evitalo pasamos a formar parte de todas as estampas que nos van amosando. Porque vivir é inevitable. E por iso, coma se atravesásemos as fases express do duelo, ao final negamos, protestamos, negociamos, acabamos desolados e aceptamos que hai un final. Mentres vemos no fondo do escenario o xermolo dun novo ser que se abre paso, asumimos que a vida é unha festa que sempre está a piques de rematar. E que podemos querer apurala o máximo posible, ou aceptar pragmaticamente o noso sino, pero, o único que é certo é que non somos posidonias. Dá vertixe pensar na nosa propia insignificancia. Pero se para facelo temos que vivir noites como a que pasamos con Pont Flotant, paga a pena. Non me importa recoñecer que acabei chorando cun nó na gorxa e, coma min, varias persoas coas que falei á saída. As miñas bágoas baixaban paseniño ao mesmo tempo que sentía que somos unha luz destinada a ocultarse nun eclipse total. Pero mentres hai lágrimas, hai vida! Un rapaz moi novo, sentado ao meu carón, dicía nada máis rematar a peza: "Coño, pois si que pasou rápido". Efectivamente. Así que sal á rúa e vive!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

"El testamento de María" - Blanca Portillo

O berro mudo chegou á alma do público Aínda que "El testamento de María" é unha coprodución do Centro Dramático Nacional, o Festival Grec e Avance P.T., semella de xusto recoñecemento titular este comentario como "el testamento de Blanca Portillo". Porque aínda que toda a peza, en todos os seus aspectos, está coidada ao máximo, a xenialidade da Portillo, o seu estado de graza, fai que todo brille dunha forma que, probablemente, con outra actriz menos inspirada destacaría algo menos. Todo nesta revisión seglar e algo pagá sobre a vida de María de Nazaret, moi afastada da "Virxe María", está engraxado á perfección. Excepcional o atrezzo e a escenografía, complicada e sinxela a un tempo, axeitada e fermosa. Espectacular o vestiario de Mercé Paloma, que se transforma diante dos nosos ollos en traxe de festa ou sobrio loito a través de sinxelos movementos. Marabillosa a iluminación e os efectos de son, sempre ao servizo da peza e do lucimento da protagonis

"Édipo" - Companhia do Chapitô

Os actores transfórmanse en múltiples personaxes A traxicomedia é un xénero difícil. Resulta complicado camiñar sobre a lene liña que separa o riso e o pranto. Entre o absurdo e a desesperación máis absoluta, ás veces derivada dese mesmo absurdo. E a tarefa, tal que traballo hercúleo, semella aínda máis complexa cando nos enfrontamos a   Sófocles   e o seu "Édipo". A historia do bebé bautizado polos seus "pés inchados", aquel que non puido sobrepoñerse ao destino que escribiu ese oráculo mítico: matar ao teu pai e casar coa túa propia nai. Un sino que acaba cumpríndose porque non colle en cabeza humana que unha crudelísima sibila sexa quen de vaticinar e facer cumprir barbaridade tal. Como pode a  Companhia do Chapitô  espertar as gargalladas con ese punto de partida? Como pode facelo completamente núa diante do escenario? Sen nada. Sen vestiario acaído, sen maquillaxe. Sen cadeiras: "no hay sillas en el palacio". Pois a base

"Ojos de agua" - Ron Lalá e Galo Films

"Ojos de agua" está protagonizada por Charo López e Fran García "Ta, ta, ta. Sólo quién de seso carece desea lo que perdió". Por iso mesmo, semella imposible desexar que volva a enerxía, o pulso e o xenio a unha Charo López que, como a propia Celestina , a Trotaconventos á que tachaban de "puta, bruja, maga y alcahueta", ten vivido tempos mellores. Alomenos, e admitíndoo con pesar, se xulgamos a función vivida no FIOT. Aínda que, do mesmo xeito que ocorre coa beleza da celebérrima meretriz "quién tuvo, retuvo". Así, albiscamos esa elegancia innata da actriz movéndose polo escenario. Esa sensualidade que é quen de levar como unha segunda pel. Esa maxia que crea en momentos moi puntuais co manexo da súa voz de veludo. Non obstante, o cansanzo, o esgotamento e a falta de ritmo van cercando a peza, gañando pouco a pouco a partida para chegar a un final en que por fin descansan tanto a López como a Celestina. "Ta, ta, ta