Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2022

Premio do Público

 "Silencio, por favor" Antes de que o  FIOT  anuncie o Premio do Público desta 31 edición do festival, vou ensinar o que sería o premio particular de Rebeca, que non ten valor ningún. Non só porque é unha opinión particularísima dunha persoa calquera, senón tamén porque só dei alcanzado a ver menos da metade das propostas dun festival que xa é un mastodonte que chega a todos os públicos e a todas partes. Pero este ano apetecíame ensinar as miñas votacións, tal e como foron emitidas no momento. Na maioría dos casos non son notas absolutas sobre cada proposta individual, senón en relación ao resto das propostas do mesmo FIOT.  Chegados ao final e mirando atrás, descubro que poucas matizacións faría sobre o votado naquel entón, aínda que si algunha. Subiría 0,5 por aquí, baixaría 0,5 ou 1 por acolá... Pero máis ou menos quedaría como está. En xeral, desfrutei moito, moitísimo e, como a min a valoración de 1 ao 5 non me acae, vou dicir que a miña nota global das propostas do #FIO

Recortes, caneos e outras formas de driblar - Centro Dramático Galego e Ainé Producións

 "Fin do partido" Quen me le de cotío, ou mesmo quen leu nalgunha ocasión algunha das miñas reseñas, críticas, reflexións ou como lle queirades chamar a estas liñas que escribo sobre as pezas do FIOT , pode intuír, ou mesmo saber, que non me gusta ser cortante ou agresiva. Lembro dúas ocasións nas que din renda solta ao meu descontento, pero non vou recordalas agora porque, repito, non me gusta recrearme naquilo que non me agrada. Ben ao contrario, encántame, e mesmo creo que os textos quedan sempre máis redondiños, cando desfruto do que vexo en escena. Por iso, non me apetece nada escribir hoxe unha crítica ao uso. Crédeme cando digo que teño o caderno que adoito levar ao teatro cheíño de comentarios, apreciacións, puntualizacións... Porén,  decidín que non vou relatar nada do que escribín. Só direi que teño moito respecto pola actriz e por todos os actores que estiveron enriba do escenario, folga dicir que tamén por todas as persoas implicadas: Asorey, Carretero, Prieto, To