Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta fiot 2015 outono teatro carballo

Programa do XXIV FIOT

Un ano máis quero agradecer a toda a xente que tomou a molestia de ler as miñas opinións acerca das funcións do FIOT 2014 e que está disposta a seguir léndoas nesta nova andaina. Na anterior edición o número de seareiros medrou considerablemente grazas á difusión nas redes sociais de Turismo Carballo e do propio FIOT, a quen lle agradezo moito a súa amabilidade. Este ano, ademais, podedes atoparme no propio web do festival na sección "Novas/Opinan" , xunto co blog do compañeiro fioteiro Santi Pazos e un xornal de artes escénicas. Seguro que a esta sección iranse sumando moitos "opinadores" e seguidores e seguidoras do festival. Como cada ano, e aínda que xa coñeceredes de sobra o programa deste novo FIOT, deixo testemuño do excelente, completo e intensísimo programa que muda Carballo en teatro durante un mes. Por último, e xa que escribo dende un blog, anímovos a opinar sobre as miñas verbas. Estou aberta a calquera comentario, debate ou opinión que queirades enga...