Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta otni

"Conferencia espectacular" - David Espinosa

"Sobre o punto de vista" "Isto non é teatro nin é nada", exclamaba un espectador -que agardo perdoe a indiscreción- ao remate desta peza de David Espinosa. E algo de razón non lle falta. Pero, quere dicir isto que non pagou a pena asistir a esta "Conferencia espectacular"? Habería que preguntarlle aos asistentes, por suposto, pero eu coido que foi unha hora proveitosa. Probablemente non para enfrontalo como un espectáculo ou como un acto teatral ao uso, á fin e ao cabo, nisto consiste o OTNI. Pero si, e fundamentalmente, como repaso histórico das artes escénicas máis alternativas, "artes vivas", pero sen as que, con total seguridade, o teatro máis "popular" ( ou "morto", sic), non tería avanzado. Cunha ollada irónica e non exenta de humor (resulta como pouco chocante ver a Pina Baush transformada nunha barbie bailarina) escoitamos nomes ilustres do teatro contemporáneo máis "transgresor" (palabra manida e baleira de ...

"Strpts//Episodio 1: Mirlo & Rula" - Cinema Sticado

Cinema Sticado emite un filme en directo con elaborados decorados e figuras de cartón " Cinema no vivo, sen audio ou vídeo pregravado". Iso é o que prometen os galegos Xosel Díez e Helena Varela con Cinema Sticado e iso é o que poñen enriba da mesa en "Strpts//Episodio 1: Mirlo & Rula". Non é a primeira vez que propostas similares visitan o OTNI. A formulación da peza lévanos inevitablemente a rescatar dos nosos maxíns a  Macarena recuerda Sheperd . Porén, neste caso a aposta polo mundo audiovisual é moito máis pura, sen apenas concesións para a pericia interpretativa máis aló duns cantos diálogos escolleitos e algúns movementos perfectamente coreografiados. E o enfoque afástase tamén moito da lixeireza e da tensión narrativa de Macarena, de tal xeito que dende o comezo borramos inmediatamente os vestixios da proposta anterior para afrontar unha peza moi distinta. No apartado técnico, este striptease é impecable e abraiante, elaborado a ...

"Locus Amoenus" - Atresbandes

Un momento da representación Aproveita o momento, busca o teu lugar idílico, fai todo o posible por ficar nel e non esquezas que a vida pode rematar nun instante. Entre o   "locus amoenus"   e o   "carpe diem"   abala a proposta que os cataláns Atresbandes presentaron no OTNI do FIOT. Vivimos illados nos nosos propios problemas, mundos e universos, con preocupacións a miúdo intranscendentes e triviais, sen saber que nunha hora todo pode mudar e pasaremos a "non ser", á nada máis absoluta. E que, nunha reviravolta estúpida do destino, a culpa será dun inofensivo coello. Tirando ás veces do surrealismo, con risas e prantos hiperbólicos, con eses sons e músicas amplificados quizais para subliñar a incomunicación que vivimos en realidade os seres humanos, Atresbandes afonda con ironía nos absurdos da nosa existencia, mesturando elementos cotiás -como un libro, unha mazá, un almorzo, unha mochila-, con outros máis transcendentes -a morte, o amor, a orient...

"Latente" - Paula Quintana

Paula Quintana dirixe e interpreta "Latente" Non deixo de insistir en que, quen perde as propostas do OTNI perde boa parte dos espectáculos máis orixinais, fermosos e humildes do FIOT. Entendendo a humildade como unha forma de petar á porta do festival sen facer ruido, con falta de soberbia pero con talento. Prescindindo dos espaventos doutras pezas que ás veces pretenden esconder as súas eivas baixo un verniz artificioso. O "Latente" de Paula Quintana encaixa perfectamente neste tipo de apostas dóces e belas que empapan de arte. Máis orixinal na forma que no fondo, con un texto algo naíf, "Latente" relata o baleiro existencial e rutineiro no que está somerxida a protagonista, que comeza a busca do seu propio ser. "¿Seguro que Paula Quintana no está en la sala?". E resulta que está e non está. Porque en realidade ela non se recoñece, mudada nunha persoa que sempre cumpre coas cousas que hai que facer e da maneira que hai que facelas. Que se e...