Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta A tempestade

"A tempestade" - Voadora

A peza conta con escenas de gran plasticidade Dende o primeiro momento e salvo honrosas -nalgún caso deshonrosas- excepcións, o leitmotiv desta XXIII edición do FIOT é o teatro clásico e as novas olladas sobre as obras de autores tan ilustres como o son Shakespeare, Cervantes, Lope ou Calderón. Non obstante, e admitindo que os grandes nomes do teatro están aí, existe un fío condutor subxacente que pode sentirse con moita intensidade na ampla maioría das propostas e que transpiran polos poros os directores e autores invitados a esta edición do festival. Trátase do metateatro, ou por expresalo de forma máis sinxela, do teatro dentro do teatro, do mesmo xeito que se sinte unha teimuda vontade por derrubar a cuarta parede. Probablemente pola necesidade de volver os clásicos do revés, de mudalos por completo. Moitas das pezas presentadas reflicten unha nova visión sobre o traballo que supón a construción dunha obra teatral, ou dunha nova proposta escénica, mais cos seus alicerces n...