Iago verte sobre Othelo o veleno dos ciumes Resultou un chisco complicado pillarlle o punto ao humor, a dramaturxia e a visión que a compañía arxentina Gabriel Chamé deixa caer sobre o "Othelo" de Shakespeare. Ao primeiro, tardamos un anaco en adaptarnos, no só á súa forma de falar e xesticular, que pode semellarnos esaxerada -debido tamén ás diferenzas entre idiosincrasias- senón tamén a causa da súa escola de interpretación, que emprega uns modos manieristas para abordar a construción da peza e das personaxes, na dicción e na fala; e tamén nos movementos, moi notoriamente marcados a través do clown, introducindo unha forma certamente especial de transmitir. O frenético comezo tampouco axuda, cun ritmo vertixinoso que afasta, en lugar de achegar. Mais nun momento determinado aparece Iago (Hernán Franco) e, poñendo o metateatro en primeiro plano, solidarízase c un espectador algo atafegado, asumindo que o que están facendo enriba do escenario pode ser unha sorte de toler...
Comentarios e impresións sobre as propostas do FIOT, festival de teatro que se celebra en outubro en Carballo.