Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta carballo

"Búho" - Titzina teatro

 "Somos memoria"   Foto: Vanesa Rábade Desde que encontrei por primeira vez a  Titzina Teatro  con  Folie a deux - Sueños de psiquiátrico  anotei o nome desta compañía no meu maxín. E sempre que podo volvo a encontrarme con eles. Porque Diego Lorga e Pako Merino pagan a pena. A súa particular maneira de somerxerse na mente humana a miúdo toca, con precisión cirúrxica, as teclas necesarias para que os acompañes nas súas viaxes. Traxectos que non sempre son fáciles ou cómodos, pero, como din os anglosaxóns: "no pain, no gain", sen esforzo non hai recompensa. En Titzina son intensos. Nas súas pezas atopamos temas como o destino, a morte, a loucura, ou, coma neste caso, a memoria. Ou, máis concretamente, a falta dela. E, por se a alguén lle queda algunha dúbida despois de ver  Búho , nada do que observamos enriba do escenario é casual. Todo está milimetricamente estudado, documentado e mesmo vivido. Espeleólogos, antropólogos forenses coma o protagonis...

"Pirolíticos" - Mofa e Befa

  Foto: Vanessa Rábade "Trinta anos non son nada, ou si..." Táboas, táboas, táboas e máis táboas. Din que 20 anos -neste caso 30- non son nada. Mais no caso de "Pirolíticos" de Mofa e Befa, resultaron selo todo. A complicidade de Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo enriba do escenario fixo que esta estrea semellara ser unha peza que leva moita máis rodaxe. Resulta obvio que, a estas alturas da súa carreira, a un deles pícalle o nariz antes sequera de que o outro saiba que vai esbirrar en escena. Agás nalgúns momentos puntuais nos que decae o ritmo e que irán desaparecendo co paso do tempo, todo encaixa na engrenaxe desta proposta. Nun xogo de "poli bo" (Víctor) e "poli malo" (Evaristo), estes dous integrantes dunha peculiar banda de rock "morada" buscan constantemente alternar a seriedade e circunspección dun tema tan transcendente coma o feminismo, coa irreverencia, ou máis ben co "perralleirismo" da compañía. Resulta necesario...

"Los esclavos de mis esclavos" - Teatro Meridional

"Los esclavos de mis esclavos" tivo no FIOT a súa primeira representación Afganistán. Un país que ten mudado nun símbolo. Unha verba que significa moito máis que un país. Un desastre político que aparece de cando en cando nas noticias, coma un ruído xordo, coma unha molestia, como un máis dos conflitos esquecidos que proliferan no noso planeta pero que preferimos agochar para vivir con tranquilidade na nosa cómoda e compracente ignorancia. Pero chegan Julio Salvatierra e Producciones Meridional e rescatan para nós todas as complexidades, todos os matices e todas as miserias que acontecen nun lugar que de repente está á volta da esquina. "Los esclavos de mis esclavos" -que ofreceu no FIOT a súa primeira función- sitúanos rapida e abruptamente nas montañas afganas, con economía de recursos empregados con potencia e sabedoría porque non fai falla perdelos en afondar no contexto, senón indo ao gran, ao quid da cuestión. E ese quid é a realidade que se agocha detr...

"Juanita calamidad" - Chirigóticas

Un momento do espectáculo Os paradoxos son contradiccións aparentes, contraposicións que nos axudan a entender mellor, por oposición, aquilo do que se fala. Pero mentres nalgunhas ocasións poden ser moi esclarecedores, outras veces son simplemente iso, un paradoxo sen sentido. E, por momentos, iso pareceu a proposta das andaluzas Chirigóticas que abriu, con cheo absoluto nas bancadas, esta XXIV edición do FIOT. Pode unha proposta teatral ser divertida e aburrida? Pode espertar gargalladas e á mesma vez facernos mirar o reloxo de cando en cando? Semella que si. A compañía gaditana cóntanos en clave humorística e musical a historia de "Juanita Calamidad", ou Juanita "pistola", "recortá", "metralleta", "macarra", en referencia a esa  Calamity Jane  do salvaxe oeste que foi soldado, nómada, prostituta ocasional e tamén nai. Mesmo a chaman -reiteradamente- "Juanita Raskólnikov", en lembranza do celebérrimo Rodión Románovich R...