Foto: Vanessa Rábade "Trinta anos non son nada, ou si..." Táboas, táboas, táboas e máis táboas. Din que 20 anos -neste caso 30- non son nada. Mais no caso de "Pirolíticos" de Mofa e Befa, resultaron selo todo. A complicidade de Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo enriba do escenario fixo que esta estrea semellara ser unha peza que leva moita máis rodaxe. Resulta obvio que, a estas alturas da súa carreira, a un deles pícalle o nariz antes sequera de que o outro saiba que vai esbirrar en escena. Agás nalgúns momentos puntuais nos que decae o ritmo e que irán desaparecendo co paso do tempo, todo encaixa na engrenaxe desta proposta. Nun xogo de "poli bo" (Víctor) e "poli malo" (Evaristo), estes dous integrantes dunha peculiar banda de rock "morada" buscan constantemente alternar a seriedade e circunspección dun tema tan transcendente coma o feminismo, coa irreverencia, ou máis ben co "perralleirismo" da compañía. Resulta necesario...
Comentarios e impresións sobre as propostas do FIOT, festival de teatro que se celebra en outubro en Carballo.