Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta nadadores

"Los nadadores nocturnos" - Draft.Inn

José M. Mora explora a sociedade actual a través de persoas con carencias afectivas Orixinal, bela e profunda. Intanxible, pedante e barroca. Son algunhas das verbas que poderían describir "Los nadadores nocturnos", unha das propostas máis inclasificables deste FIOT, que navega procelosamente entre augas difíciles sen conseguir manterse de todo a flote. Nun momento da representación, un dos personaxes afirma que "a levidade é o contrario do pretencioso". E podemos concordar en que a proposta escenográfica de Carlota Ferrer e textual de José Manuel Mora é calquera cousa menos "leve". Podemos logo concluír, nun sinxelo aforismo, que dado que a proposta non é leve, é pretenciosa? En parte si, adoptando non só a acepción que recolle o libreto, senón tamén entendendo pretencioso como reflexo dun exceso de ambición. Entre todos os estímulos que ateigan o escenario, o espectador é quen de recoñecer faíscas brillantes, momentos mesmo sob...