Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Rafael Álvarez

"El asno de oro" - Rafael Álvarez "El Brujo"

"El Brujo" recolleu o Premio do Público 2005 "Asinus sapiens fuit, sed sapientior erit". Traduzo. "O asno foi sabio, pero máis sabio ha ser". Tal foi a sensación que Rafael Álvarez "El Brujo" deixou no auditorio do Pazo da Cultura. Desde o primeiro momento, e como adoita facer, despregou unha lección de humildade, clase, saber estar, dominio escénico, humor, empatía e interpretación que fixo que unha hora e media de Apuleyo non semellase máis de dez minutos. Ben pouco precisa este actor para conquistar ao público, agás un tallo, un traxe branco, un pano vermello no chan e a inestimable axuda de tres músicos e dunha acaída iluminación para captar e manter a atención do respectable. "Castigat ridendo mores". Traduzo. "Emenda os hábitos rindo". E non sei se melloramos os nosos costumes aproveitando a axuda da sátira característica deste xograr cordobés, mais rir, rimos. Non obstante, certo é que o espectáculo deixou na atmos...