Saltar ao contido principal

Publicacións

"Búho" - Titzina teatro

 "Somos memoria"   Foto: Vanesa Rábade Desde que encontrei por primeira vez a  Titzina Teatro  con  Folie a deux - Sueños de psiquiátrico  anotei o nome desta compañía no meu maxín. E sempre que podo volvo a encontrarme con eles. Porque Diego Lorga e Pako Merino pagan a pena. A súa particular maneira de somerxerse na mente humana a miúdo toca, con precisión cirúrxica, as teclas necesarias para que os acompañes nas súas viaxes. Traxectos que non sempre son fáciles ou cómodos, pero, como din os anglosaxóns: "no pain, no gain", sen esforzo non hai recompensa. En Titzina son intensos. Nas súas pezas atopamos temas como o destino, a morte, a loucura, ou, coma neste caso, a memoria. Ou, máis concretamente, a falta dela. E, por se a alguén lle queda algunha dúbida despois de ver  Búho , nada do que observamos enriba do escenario é casual. Todo está milimetricamente estudado, documentado e mesmo vivido. Espeleólogos, antropólogos forenses coma o protagonis...

"Conferencia espectacular" - David Espinosa

"Sobre o punto de vista" "Isto non é teatro nin é nada", exclamaba un espectador -que agardo perdoe a indiscreción- ao remate desta peza de David Espinosa. E algo de razón non lle falta. Pero, quere dicir isto que non pagou a pena asistir a esta "Conferencia espectacular"? Habería que preguntarlle aos asistentes, por suposto, pero eu coido que foi unha hora proveitosa. Probablemente non para enfrontalo como un espectáculo ou como un acto teatral ao uso, á fin e ao cabo, nisto consiste o OTNI. Pero si, e fundamentalmente, como repaso histórico das artes escénicas máis alternativas, "artes vivas", pero sen as que, con total seguridade, o teatro máis "popular" ( ou "morto", sic), non tería avanzado. Cunha ollada irónica e non exenta de humor (resulta como pouco chocante ver a Pina Baush transformada nunha barbie bailarina) escoitamos nomes ilustres do teatro contemporáneo máis "transgresor" (palabra manida e baleira de ...

"Pirolíticos" - Mofa e Befa

  Foto: Vanessa Rábade "Trinta anos non son nada, ou si..." Táboas, táboas, táboas e máis táboas. Din que 20 anos -neste caso 30- non son nada. Mais no caso de "Pirolíticos" de Mofa e Befa, resultaron selo todo. A complicidade de Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo enriba do escenario fixo que esta estrea semellara ser unha peza que leva moita máis rodaxe. Resulta obvio que, a estas alturas da súa carreira, a un deles pícalle o nariz antes sequera de que o outro saiba que vai esbirrar en escena. Agás nalgúns momentos puntuais nos que decae o ritmo e que irán desaparecendo co paso do tempo, todo encaixa na engrenaxe desta proposta. Nun xogo de "poli bo" (Víctor) e "poli malo" (Evaristo), estes dous integrantes dunha peculiar banda de rock "morada" buscan constantemente alternar a seriedade e circunspección dun tema tan transcendente coma o feminismo, coa irreverencia, ou máis ben co "perralleirismo" da compañía. Resulta necesario...

Volver a empezar...

Este ano, despois de cambios persoais, dunha pandemia e da vida mesma, que pasa inexorable, volvín ao auditorio do  FIOT  para quedarme durante todo o festival. E non tiña pensabo volver a escribir. Púxenme moitas escusas a min mesma, sendo a falta de tempo a principal. Pero, un fioteiro asiduo e compañeiro de letras, animoume a volver (grazas Santi). E aquí estou. Seguramente as miñas reseñas sexan moitísimo máis breves nesta "recuncada". Os tempos do TikTok invádeno todo. Pero, aínda así, de súpeto, viñéronme as gañas de intentalo de novo. Vou tarde e mal, pero, como fundamentalmente sempre fixen isto por min mesma, e non polos potenciais lectores e lectoras que puidera ter, aquí vou. Porque sempre, sempre é un pracer reencontrarse co teatro e coa escritura...

Programa do XXV FIOT

Xa que varias persoas teñen expresado con moita amabilidade e indulxencia o seu interese polos meus comentarios sobre as propostas do 25 FIOT, síntome na obriga de aclarar que este ano, por motivos persoais, serame imposible escribir as habituais críticas sobre as funcións do festival, polo menos non coa mesma regularidade. Mesmo non puiden asistir, con moito pesar, a unha delas, como foi o caso de "Solitudes" de Kulunka Teatro. A verdade é que, a pesar de todo, teño a tentación de escribir algunhas verbas sobre as dúas que teño visto, como foron "Ivan off", de La Casa de la Portera, ou ese "Rinconete y Cortadillo" de Sexpeare. Ou de intentar manter, aínda que con retraso, algún breve apuntamento sobre algunha das propostas que aínda quedan por vir. Non teño claro se poderei facelo, porque non creo que sexa quen de elaboralas co tempo e a dedicación que a min me gustaría. En todo caso, grazas a todas aquelas persoas que o ano pasado leron o meu blog, e i...

"Ojos de agua" - Ron Lalá e Galo Films

"Ojos de agua" está protagonizada por Charo López e Fran García "Ta, ta, ta. Sólo quién de seso carece desea lo que perdió". Por iso mesmo, semella imposible desexar que volva a enerxía, o pulso e o xenio a unha Charo López que, como a propia Celestina , a Trotaconventos á que tachaban de "puta, bruja, maga y alcahueta", ten vivido tempos mellores. Alomenos, e admitíndoo con pesar, se xulgamos a función vivida no FIOT. Aínda que, do mesmo xeito que ocorre coa beleza da celebérrima meretriz "quién tuvo, retuvo". Así, albiscamos esa elegancia innata da actriz movéndose polo escenario. Esa sensualidade que é quen de levar como unha segunda pel. Esa maxia que crea en momentos moi puntuais co manexo da súa voz de veludo. Non obstante, o cansanzo, o esgotamento e a falta de ritmo van cercando a peza, gañando pouco a pouco a partida para chegar a un final en que por fin descansan tanto a López como a Celestina. "Ta, ta, ta...

"Othelo" - Gabriel Chamé

Iago verte sobre Othelo o veleno dos ciumes Resultou un chisco complicado pillarlle o punto ao humor, a dramaturxia e a visión que a compañía arxentina Gabriel Chamé deixa caer sobre o "Othelo" de Shakespeare. Ao primeiro, tardamos un anaco en adaptarnos, no só á súa forma de falar e xesticular, que pode semellarnos esaxerada -debido tamén ás diferenzas entre idiosincrasias- senón tamén a causa da súa escola de interpretación, que emprega uns modos manieristas para abordar a construción da peza e das personaxes, na dicción e na fala; e tamén nos movementos, moi notoriamente marcados a través do clown, introducindo unha forma certamente especial de transmitir. O frenético comezo tampouco axuda, cun ritmo vertixinoso que afasta, en lugar de achegar. Mais nun momento determinado aparece Iago (Hernán Franco) e, poñendo o metateatro en primeiro plano, solidarízase c un espectador algo atafegado, asumindo que o que están facendo enriba do escenario pode ser unha sorte de toler...