Este ano, despois de cambios persoais, dunha pandemia e da vida mesma, que pasa inexorable, volvín ao auditorio do FIOT para quedarme durante todo o festival. E non tiña pensabo volver a escribir. Púxenme moitas escusas a min mesma, sendo a falta de tempo a principal. Pero, un fioteiro asiduo e compañeiro de letras, animoume a volver (grazas Santi). E aquí estou. Seguramente as miñas reseñas sexan moitísimo máis breves nesta "recuncada". Os tempos do TikTok invádeno todo. Pero, aínda así, de súpeto, viñéronme as gañas de intentalo de novo. Vou tarde e mal, pero, como fundamentalmente sempre fixen isto por min mesma, e non polos potenciais lectores e lectoras que puidera ter, aquí vou. Porque sempre, sempre é un pracer reencontrarse co teatro e coa escritura...
David Novas e Alba Bermúdez, co director, Fran Paredes Cando no programa do FIOT aparece unha proposta na que a protagonista é unha actriz carballesa xorden varias dúbidas. Un podería pensar que, aínda que o espectáculo non cumprise coa calidade mínima esixida para un festival coma o FIOT, a organización incluiría a peza de todos os xeitos no programa para apoiar, neste caso, a Alba Bermúdez. De ter sido así, sería algo digno de gabar, xa que un dos propósitos dun escaparate tan importante coma o Outono de Teatro ten que ser apoiar as producións galegas e carballesas, así como os talentos locais. Sería perfectamente comprensible que un dos obxectivos do festival fose contribuír a apoiar o teatro feito en Carballo ou por xente da vila. Pero despois da función de "Hámster", o espectador sinte unha especie de alivio ao comprobar que a inclusión desta peza no ciclo OTNI está xustificada polos seus propios méritos. Non só encaixa nos parámetros deste Obxecto Teatral Non Ident...
Comentarios
Publicar un comentario