Saltar ao contido principal

Publicacións

El Nacional - Els Joglars

Unha das escenas de "El Nacional" Final apoteósico para o FIOT 2012. Non só porque o desenlace de "El Nacional" é dos que deixan unha pegada indeleble, cheo de lirismo, espectacularidade, sentimento e mensaxe, senón porque a maioría da platea non tivo máis remedio que poñerse en pé, como accionados por un resorte imparable, para homenaxear unha magnífica proposta que, a pesares dos seus 20 anos de idade podería ter sido ideada onte mesmo. Despois de ter visto "Rigoletto" nas voces do xenial barítono Leo Nucci e da soprano María José Moreno, teño que recoñecer que sobrevoaban certas dúbidas sobre a pericia de Els Joglars ou de calquera outra compañía para encaixar unha ópera del tal complexidade vocal e incluso argumental como fío condutor dunha obra de teatro. Pero qué ledicia producen ás veces as equivocacións. A pesares do caos aparente e da sensación de que o espectador ten entrado no camarote dos irmáns Marx, todo nesta peza está medido, empapado d...

Fingir - Colectivo 96º

Un momento de "Fingir" Como un sopro de aire fresco. Así entran no FIOT as propostas do OTNI para alixeirar un pouco o peso das funcións de sala e lembrar que ás veces o teatro non é máis que unha maleta da que ir tirando cousas para facer voar a imaxinación. Lidia González e David Franch (Colectivo 96º) ofreceron en preto dunha hora de espectáculo unha nova visión da creación teatral a través da súa forza expresiva e coa simple axuda duns poucos carteis e a complicidade dun público que xogaba a non estar presente. Moito humor e moito bo facer nunha proposta núa, de contacto directo, de sensacións compartidas. Un dragón ao que vencer, un par de historias, unha continua fractura das convencións teatrais máis habituais e unha total compenetración entre os dous actores enriba do escenario conseguen atrapar a atención de principio a fin. Resulta moi agradable estar sentado na butaca e descoñecer de verdade por completo o que vai suceder a continuación, deixarse levar sen máis...

Viaxe a nigunha parte - Sarabela Teatro

Un momento da representación Ritmo, ritmo, ritmo, ritmo, ritmo. Todos os actores, directores e autores de teatro deberían levar tatuado no maxín esta verba, da que depende que un espectáculo sexa exitoso ou non, que toque a excelencia ou se quede a medio camiño.  Ritmo, ritmo, ritmo, ritmo, ritmo.  Non me cansarei de repetilo, xa que parece que a maioría das compañías deste FIOT estragan as súas propostas a base de descoidar o "abc" do teatro, o motor, o pulo que debe ter calquera proposta enriba dun escenario.  Ritmo, ritmo, ritmo, ritmo, ritmo. A súa ausencia ou o seu descoido desmerecen -ás veces como único motivo-  nada menos que case a metade das funcións do FIOT:  "O método", "El montaplatos", "Acto cultural" e tamén, por fin, a "Viaxe a ningunha parte" de Sarabela Teatro.  Ritmo, ritmo, ritmo, ritmo, ritmo. Un berro que se transforma nun rogo, como unha súplica, coa esperanza de que alguén escoite. Quizabes Carmen Machi deber...

Acto cultural - Grupo actoral 80

Un momento da representación Cando diante duns actores e actrices enérxicos, cun público que ri de cando en cando e que incluso colabora con boa vontade nun acto teatral, un acaba mirando repetidas veces o reloxo, só podemos concluír que algo falla. E, lamentablemente, iso é o que lle ocorreu a quen subscribe durante a esforzada actuación que Grupo Actoral 80 fixo de "Acto cultural" unha das propostas máis coñecidas do célebre autor venezolano José Ignacio Cabrujas, que visita o FIOT 2012 para imbuílo dunha pátina internacional. Suponse que a divertida representación por parte da xunta directiva da Sociedade Louis Pasteur de San Rafael del Ejido do drama   "Colón Cristóbal, el genovés alucinado" é unha excusa para amosar as debilidades, miserias, arelas, tristuras e relacións dos propios membros desa xunta directiva, enterrados sen remisión en San Rafael, condenados a vivir inmutables, atrapados nos seus propios pecados e erros, nunha especie de   interminable  ...

Calla y come - La Cocina

Imaxe promocional de "Calla y come" De non existir, algunhas propostas teatrais habería que inventalas. Son aquelas que contribúen a romper a monotonía do teatro, a crebar os seus límites: son un "accidente escénico", cun "ollo externo" baseado na "ignorancia consciente", que diría La Cocina. Son aquelas que van máis aló das convencións habituais do acto teatral. Deberían existir polo seu esforzo por conectar co público independentemente do texto, pola súa complexidade e polo seu afán de explorar o teatro máis aló do teatro, de converter o escenario nalgo máis transcendente e avanzar. Por sorte, xa existe "Calla y come", unha proposta moi ben encaixada no OTNI -Obxecto Teatral non Identificado- porque a define á perfección. La Cocina rompe co establecido e acaba intercambiando os roles de público e actores, de espectador e de espectáculo, de xeito que o primeiro acaba formando parte do espazo escénico e o segundo invade a platea, de...

Juicio a una zorra - Kamikaze Producciones

Un momento da representación Brava, bravísima!!! Érgome da butaca para aplaudir a rabiar a Carmen Machi, unha actriz que, grazas a Miguel del Arco, a un texto marabilloso e ao seu propio xenio tamén conseguiu poñer en pé a boa parte do auditorio do Pazo da Cultura. Nun FIOT até o de agora algo descafeinado, con algunhas propostas frustrantes, como "El Montaplatos", e outras boas -Tantakka, Teatro do Morcego- pero que non chegan a este nivel, Carmen Machi irrompe como unha catarse redentora, como un tsunami interpretativo, como unha Helena de Troya irónica, namorada, sumisa, sublime, reivindicativa, sarcástica, ebria, colérica, forte e feble: fantástica. Del Arco mantén a liña aberta con "La violacion de Lucrecia", brillamentemente levada á escena por Nuria Espert no FIOT 2011, apostando de novo polo intimismo e deixando renda solta ao talento das divas, que enchen o escenario a pracer. Un atrezzo sinxelo pero efectista, unha música axeitada e sutil -excepto no d...

A función do tequila - Teatro do Morcego

Un momento da representación Excelente. Excelente libreto, excelente interpretación e excelente escenografía, que hai quen di que son as tres patas dun espectáculo teatral. E probablemente isto é todo o que hai que dicir sobre "A función do tequila", de Teatro do Morcego, unha proposta redonda que, na humilde opinión de quen subscribe, é o mellor do festival ata o momento -e tendo en conta que, afortunadamente, aínda falta moito FIOT por vivir-. Pero como sempre hai que manter o espírito crítico, cómpre facer certas puntualizacións, xa que de todos é sabido que a perfección non existe, ás veces nin como tendencia desexable. Os comezos da peza son dificultosos, xa que a historia é complicada e, de non sentarse os alicerces dende o comezo, sería difícil de seguir. Pero unha vez transcorridos os primeiros compases, "A función do tequila" consegue o que toda obra de teatro debería conseguir, ir de menos a máis, aumentando a tensión, a curiosidade do espectador e o s...