Saltar ao contido principal

Las cosas también tienen mamá - La mona ilustre

Un momento da representación
Orixinal e sorprendente. Agarimosa e doce. "Las cosas también tienen mamá", de La mona ilustre, ofreceulle ao FIOT unha maneira distinta de facer teatro, tanto no interpretativo como no escenográfico, para deixar un moi bo sabor de boca nas táboas do Pazo da Cultura. A única proposta internacional desta 22 edición destaca, especialmente, polo decorado e o atrezzo. Bonecos, marionetas e actrices navegan por riba do escenario con soltura, cambiando de situación, ambiente e estado de ánimo con fluidez para contar unha historia que quere lembrar as mulleres fortes e sacrificadas de García Lorca, que viven encerradas no seu propio e pequeno mundo; e a un pobo que nos retrotrae a esas vilas descritas, neste caso por outro García, García Márquez, en moitas das súas novelas. Vilas pequenas, opresivas, nas que o crime, a desgraza, o amor ou a familia se viven en comunidade. Nas que cada quen ten que buscar a solución aos seus propios problemas. Nas que feitos que noutros lugares serían estraños fanse cotiáns. Juliette, a protagonista, pasa por unha difícil viaxe, deixando o seu monótono traballo para descubrir a verdade que garda a súa familia e a súa infancia, acabando por admitir que tan só quere ser Julieta. Que quere deixar de soñar e vivir as historias dos demais para vivir a súa propia atopando a paz e o amor. E mentres contan a intensidade desta viaxe, as actrices Adriana Sanhueza, Paula Barraza, Francisca Artaza e Isidora Robeson son quen de dar vida a dous personaxes masculinos, de representar o maltrato con bonecos, de transformar unha simple cama nun barco pirata, de mover constantemente os elementos escenográficos grazas a cordas, mobles, luces ou incluso pompas de xabrón para matizar e darlle nova vida á historia. Una historia na que a estética, a iluminación e a disposición xogan un papel fundamental. Mais como todo ten algún "pero", tamén hai que mencionar que, por momentos, a interpretación contribúe á falta de axilidade dalgunhas escenas. Aínda que probablemente, este feito sexa máis atribuíble a unha maneira diferente de actuar e de entender o teatro, que a un defecto formal, ás veces afasta un pouco ao público. Porén, o espectador consegue irse namorando pouco a pouco desta rapariga que tan só quería voar e escapar da súa realidade, mentres se achega o desenlace, un final, como case toda a representación, invadido pola tenrura e a emoción. Pola intelixencia e a sabedoría dunha matriarca que se sacrifica para salvar á súa filla e á súa neta. Sinxeleza no argumento e na evolución dunha peza que, por enriba de todo, é moi fermosa.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Hámster - Triatreros

David Novas e Alba Bermúdez, co director, Fran Paredes Cando no programa do FIOT aparece unha proposta na que a protagonista é unha actriz carballesa xorden varias dúbidas. Un podería pensar que, aínda que o espectáculo non cumprise coa calidade mínima esixida para un festival coma o FIOT, a organización incluiría a peza de todos os xeitos no programa para apoiar, neste caso, a Alba Bermúdez. De ter sido así, sería algo digno de gabar, xa que un dos propósitos dun escaparate tan importante coma o Outono de Teatro ten que ser apoiar as producións galegas e carballesas, así como os talentos locais. Sería perfectamente comprensible que un dos obxectivos do festival fose contribuír a apoiar o teatro feito en Carballo ou por xente da vila. Pero despois da función de "Hámster", o espectador sinte unha especie de alivio ao comprobar que a inclusión desta peza no ciclo OTNI está xustificada polos seus propios méritos. Non só encaixa nos parámetros deste Obxecto Teatral Non Ident...

Calla y come - La Cocina

Imaxe promocional de "Calla y come" De non existir, algunhas propostas teatrais habería que inventalas. Son aquelas que contribúen a romper a monotonía do teatro, a crebar os seus límites: son un "accidente escénico", cun "ollo externo" baseado na "ignorancia consciente", que diría La Cocina. Son aquelas que van máis aló das convencións habituais do acto teatral. Deberían existir polo seu esforzo por conectar co público independentemente do texto, pola súa complexidade e polo seu afán de explorar o teatro máis aló do teatro, de converter o escenario nalgo máis transcendente e avanzar. Por sorte, xa existe "Calla y come", unha proposta moi ben encaixada no OTNI -Obxecto Teatral non Identificado- porque a define á perfección. La Cocina rompe co establecido e acaba intercambiando os roles de público e actores, de espectador e de espectáculo, de xeito que o primeiro acaba formando parte do espazo escénico e o segundo invade a platea, de...

A función do tequila - Teatro do Morcego

Un momento da representación Excelente. Excelente libreto, excelente interpretación e excelente escenografía, que hai quen di que son as tres patas dun espectáculo teatral. E probablemente isto é todo o que hai que dicir sobre "A función do tequila", de Teatro do Morcego, unha proposta redonda que, na humilde opinión de quen subscribe, é o mellor do festival ata o momento -e tendo en conta que, afortunadamente, aínda falta moito FIOT por vivir-. Pero como sempre hai que manter o espírito crítico, cómpre facer certas puntualizacións, xa que de todos é sabido que a perfección non existe, ás veces nin como tendencia desexable. Os comezos da peza son dificultosos, xa que a historia é complicada e, de non sentarse os alicerces dende o comezo, sería difícil de seguir. Pero unha vez transcorridos os primeiros compases, "A función do tequila" consegue o que toda obra de teatro debería conseguir, ir de menos a máis, aumentando a tensión, a curiosidade do espectador e o s...