Saltar ao contido principal

Publicacións

Premio do Público

 "Silencio, por favor" Antes de que o  FIOT  anuncie o Premio do Público desta 31 edición do festival, vou ensinar o que sería o premio particular de Rebeca, que non ten valor ningún. Non só porque é unha opinión particularísima dunha persoa calquera, senón tamén porque só dei alcanzado a ver menos da metade das propostas dun festival que xa é un mastodonte que chega a todos os públicos e a todas partes. Pero este ano apetecíame ensinar as miñas votacións, tal e como foron emitidas no momento. Na maioría dos casos non son notas absolutas sobre cada proposta individual, senón en relación ao resto das propostas do mesmo FIOT.  Chegados ao final e mirando atrás, descubro que poucas matizacións faría sobre o votado naquel entón, aínda que si algunha. Subiría 0,5 por aquí, baixaría 0,5 ou 1 por acolá... Pero máis ou menos quedaría como está. En xeral, desfrutei moito, moitísimo e, como a min a valoración de 1 ao 5 non me acae, vou dicir que a miña nota global das pro...

Recortes, caneos e outras formas de driblar - Centro Dramático Galego e Ainé Producións

 "Fin do partido" Quen me le de cotío, ou mesmo quen leu nalgunha ocasión algunha das miñas reseñas, críticas, reflexións ou como lle queirades chamar a estas liñas que escribo sobre as pezas do FIOT , pode intuír, ou mesmo saber, que non me gusta ser cortante ou agresiva. Lembro dúas ocasións nas que din renda solta ao meu descontento, pero non vou recordalas agora porque, repito, non me gusta recrearme naquilo que non me agrada. Ben ao contrario, encántame, e mesmo creo que os textos quedan sempre máis redondiños, cando desfruto do que vexo en escena. Por iso, non me apetece nada escribir hoxe unha crítica ao uso. Crédeme cando digo que teño o caderno que adoito levar ao teatro cheíño de comentarios, apreciacións, puntualizacións... Porén,  decidín que non vou relatar nada do que escribín. Só direi que teño moito respecto pola actriz e por todos os actores que estiveron enriba do escenario, folga dicir que tamén por todas as persoas implicadas: Asorey, Carretero, Prieto, To...

Silencio - Avance Producciones Teatrales y Entrecajas Producciones

 "The rest is silence" Blanca Portillo recolleu o Premio do Público 2015 por El testamento de María   Tentada estou de recorrer ao silencio literario e deixar o folio en branco. Porque nada do que poña por escrito pode describir ou facerlle xustiza á resplandecente e excepcional carta de amor ao teatro que o pasado domingo nos deixaron Juan Mayorga e Blanca Portillo . Hai tanta sabedoría literaria, lingüística, interpretativa, vital nesta peza, que nada do que poda dicir servirá para ilustralo. Pero, como o meu oficio é o de escribir, vou crebar o silencio aplauso por aplauso. O primeiro vai para Juan Mayorga, pola ocorrencia de coller como punto de partida o seu propio discurso de ingreso na  RAE  en 2018, cando falou da arte de non dicir nada. Na súa primeira acepción de " silencio " o dicionario defíneo como a "abstención de falar". Quen diría que unha descrición tan anódina podería dar tanto de si, transformándose en cegadora maxia metateatral. O segu...

La voluntad de creer - Buxman Producciones e Teatro Español

 "Cuestión de fe" O teatro, como a vida -ou viceversa- é máis unha cuestión de "crer ou non crer" que de "ser ou non ser". Así o expón  Pablo Messiez nesta peza na que nun determinado momento nos dan permiso explícito para quedar ou marchar, pero o que ocorre é que xa estabamos irremediablemente presos. Inspirada nunha obra de teatro de Kaj Munk  adaptada no premiadísimo filme de Dreyer   Ordet (1955, dispoñible en Netflix ), Messiez fai unha viaxe do teatro ao cinema e de volta ás táboas... ou á realidade? Xa Shakespeare dicía que a vida non é máis que unha hora no escenario que fuxe rapidamente no esquecemento, pero Messiez vai máis aló, dándolle a volta á metáfora: porque para el o teatro é existir. Xa nolo comezou a amosar no FIOT hai anos con Los brillantes empeños e volve a facelo. Teño que recoñecer que baixei as escaleiras do auditorio moi favorablemente predisposta. O elenco comunícase con nós desde o primeiro momento e, non é que rompan a cu...

"Eclipse total" - Pont Flotant

 "A vida mesma" Foto: Nerea Coll O noso paso por este mundo que xira e xira no espazo infinito sen parar nin un momento, como cantaban  Jimmy Fontana , Jesús e tantos outros, dura o que dura un soprido. Se a historia da humanidade se medira en quilómetros, serían máis ou menos os que hai desde Carballo a  Lyon , uns 1453, desde o  Big Bang  ata hoxe. E na lonxitude da cronoloxía das cousas, somos un centímetro, un milímetro, unha micra. Con esa premisa comeza o  Eclipse Total  de  Pont Flotant , con quen emprendemos unha viaxe absolutamente marabillosa. Na  reseña anterior  dicía que estaba constantemente na procura da transcendencia neste  FIOT . E, coma se me escoitaran, na organización dixeron: "non querías caldo, pois toma dúas cuncas". Pero vaia cuncas! Que felicidade ir ao teatro e sentir, emocionarse, meterse nunha historia da que non queres saír para acabar descubrindo que tampouco poderías, porque esa historia xa é a túa: a...

"Impalpable" - Sambuseck

 "Ensaio sobre o provincianismo" Ás veces resulta complicado enfrontarse á folla en branco. Porque, que escribir cando unha proposta está ben construída, ben interpretada, ten un bo ritmo, pero semella que non acaba de estoupar? Nanda Abella, Natalia López e Agustina Rodríguez fan un bo traballo, mesmo excelente, seguindo as esixencias nunha peza moi coreografiada e marcada. A escenografía e a iluminación son acaídas e fermosas. A historia conta cun bo número de ingredientes para afondar nun feixe de temas: a soidade, a natureza do éxito e do fracaso, o machismo, o abafante das vidas das mulleres doutros tempos, non tan alonxados dos actuais en moitas cousas... Porque viven nun cadrado pintado no chan, ao puro estilo Dogville , no que os movementos están sempre determinados de antemán, nunha ríxida rutina de cidade provinciana. Mais unha delas consegue saír, desencadeando unha serie de acontecementos que acaban por quitar o veo da falsa realidade na que vivían. Tan só a sombr...

"70 años - Leo Bassi"

 "O bufón e a saudade" "A persoa máis importante aquí son eu", afirma Leo Bassi nun momento do espectáculo no que o público contén o alento. E non mentía. O domingo asistimos ao seu panexírico en vida. Unha revisión un tanto irregular da súa  traxectoria profesional, e, de paso, vital. Querería isto dicir que o espectáculo carece de interese? Certamente, non. Máis sabe o diaño por vello, que por diaño. E este clown sabe todo o que hai que saber sobre os escenarios para que os seus 70 anos atrapen. Como bo "trilero", conquista ao espectador tirando da súa vasta experiencia, e vai enfeitizando aos ratos coa súa frauta. Ata que esquecemos realmente a que viñemos ao teatro. Pero xa non importa. O mesmo fala do ascenso de Meloni en Italia que reflexiona sobre a situación en Ucraína . Desfrutamos da maxia circense dun novísimo Leo na BBC , do seu bautismo nuclear en Nevada ou mesmo dunhas imaxes -que ousaría dicir que para a  maioría do público resultaron inéd...

"Búho" - Titzina teatro

 "Somos memoria"   Foto: Vanesa Rábade Desde que encontrei por primeira vez a  Titzina Teatro  con  Folie a deux - Sueños de psiquiátrico  anotei o nome desta compañía no meu maxín. E sempre que podo volvo a encontrarme con eles. Porque Diego Lorga e Pako Merino pagan a pena. A súa particular maneira de somerxerse na mente humana a miúdo toca, con precisión cirúrxica, as teclas necesarias para que os acompañes nas súas viaxes. Traxectos que non sempre son fáciles ou cómodos, pero, como din os anglosaxóns: "no pain, no gain", sen esforzo non hai recompensa. En Titzina son intensos. Nas súas pezas atopamos temas como o destino, a morte, a loucura, ou, coma neste caso, a memoria. Ou, máis concretamente, a falta dela. E, por se a alguén lle queda algunha dúbida despois de ver  Búho , nada do que observamos enriba do escenario é casual. Todo está milimetricamente estudado, documentado e mesmo vivido. Espeleólogos, antropólogos forenses coma o protagonis...

"Conferencia espectacular" - David Espinosa

"Sobre o punto de vista" "Isto non é teatro nin é nada", exclamaba un espectador -que agardo perdoe a indiscreción- ao remate desta peza de David Espinosa. E algo de razón non lle falta. Pero, quere dicir isto que non pagou a pena asistir a esta "Conferencia espectacular"? Habería que preguntarlle aos asistentes, por suposto, pero eu coido que foi unha hora proveitosa. Probablemente non para enfrontalo como un espectáculo ou como un acto teatral ao uso, á fin e ao cabo, nisto consiste o OTNI. Pero si, e fundamentalmente, como repaso histórico das artes escénicas máis alternativas, "artes vivas", pero sen as que, con total seguridade, o teatro máis "popular" ( ou "morto", sic), non tería avanzado. Cunha ollada irónica e non exenta de humor (resulta como pouco chocante ver a Pina Baush transformada nunha barbie bailarina) escoitamos nomes ilustres do teatro contemporáneo máis "transgresor" (palabra manida e baleira de ...

"Pirolíticos" - Mofa e Befa

  Foto: Vanessa Rábade "Trinta anos non son nada, ou si..." Táboas, táboas, táboas e máis táboas. Din que 20 anos -neste caso 30- non son nada. Mais no caso de "Pirolíticos" de Mofa e Befa, resultaron selo todo. A complicidade de Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo enriba do escenario fixo que esta estrea semellara ser unha peza que leva moita máis rodaxe. Resulta obvio que, a estas alturas da súa carreira, a un deles pícalle o nariz antes sequera de que o outro saiba que vai esbirrar en escena. Agás nalgúns momentos puntuais nos que decae o ritmo e que irán desaparecendo co paso do tempo, todo encaixa na engrenaxe desta proposta. Nun xogo de "poli bo" (Víctor) e "poli malo" (Evaristo), estes dous integrantes dunha peculiar banda de rock "morada" buscan constantemente alternar a seriedade e circunspección dun tema tan transcendente coma o feminismo, coa irreverencia, ou máis ben co "perralleirismo" da compañía. Resulta necesario...

Volver a empezar...

Este ano, despois de cambios persoais, dunha pandemia e da vida mesma, que pasa inexorable, volvín ao auditorio do  FIOT  para quedarme durante todo o festival. E non tiña pensabo volver a escribir. Púxenme moitas escusas a min mesma, sendo a falta de tempo a principal. Pero, un fioteiro asiduo e compañeiro de letras, animoume a volver (grazas Santi). E aquí estou. Seguramente as miñas reseñas sexan moitísimo máis breves nesta "recuncada". Os tempos do TikTok invádeno todo. Pero, aínda así, de súpeto, viñéronme as gañas de intentalo de novo. Vou tarde e mal, pero, como fundamentalmente sempre fixen isto por min mesma, e non polos potenciais lectores e lectoras que puidera ter, aquí vou. Porque sempre, sempre é un pracer reencontrarse co teatro e coa escritura...

Programa do XXV FIOT

Xa que varias persoas teñen expresado con moita amabilidade e indulxencia o seu interese polos meus comentarios sobre as propostas do 25 FIOT, síntome na obriga de aclarar que este ano, por motivos persoais, serame imposible escribir as habituais críticas sobre as funcións do festival, polo menos non coa mesma regularidade. Mesmo non puiden asistir, con moito pesar, a unha delas, como foi o caso de "Solitudes" de Kulunka Teatro. A verdade é que, a pesar de todo, teño a tentación de escribir algunhas verbas sobre as dúas que teño visto, como foron "Ivan off", de La Casa de la Portera, ou ese "Rinconete y Cortadillo" de Sexpeare. Ou de intentar manter, aínda que con retraso, algún breve apuntamento sobre algunha das propostas que aínda quedan por vir. Non teño claro se poderei facelo, porque non creo que sexa quen de elaboralas co tempo e a dedicación que a min me gustaría. En todo caso, grazas a todas aquelas persoas que o ano pasado leron o meu blog, e i...

"Ojos de agua" - Ron Lalá e Galo Films

"Ojos de agua" está protagonizada por Charo López e Fran García "Ta, ta, ta. Sólo quién de seso carece desea lo que perdió". Por iso mesmo, semella imposible desexar que volva a enerxía, o pulso e o xenio a unha Charo López que, como a propia Celestina , a Trotaconventos á que tachaban de "puta, bruja, maga y alcahueta", ten vivido tempos mellores. Alomenos, e admitíndoo con pesar, se xulgamos a función vivida no FIOT. Aínda que, do mesmo xeito que ocorre coa beleza da celebérrima meretriz "quién tuvo, retuvo". Así, albiscamos esa elegancia innata da actriz movéndose polo escenario. Esa sensualidade que é quen de levar como unha segunda pel. Esa maxia que crea en momentos moi puntuais co manexo da súa voz de veludo. Non obstante, o cansanzo, o esgotamento e a falta de ritmo van cercando a peza, gañando pouco a pouco a partida para chegar a un final en que por fin descansan tanto a López como a Celestina. "Ta, ta, ta...

"Othelo" - Gabriel Chamé

Iago verte sobre Othelo o veleno dos ciumes Resultou un chisco complicado pillarlle o punto ao humor, a dramaturxia e a visión que a compañía arxentina Gabriel Chamé deixa caer sobre o "Othelo" de Shakespeare. Ao primeiro, tardamos un anaco en adaptarnos, no só á súa forma de falar e xesticular, que pode semellarnos esaxerada -debido tamén ás diferenzas entre idiosincrasias- senón tamén a causa da súa escola de interpretación, que emprega uns modos manieristas para abordar a construción da peza e das personaxes, na dicción e na fala; e tamén nos movementos, moi notoriamente marcados a través do clown, introducindo unha forma certamente especial de transmitir. O frenético comezo tampouco axuda, cun ritmo vertixinoso que afasta, en lugar de achegar. Mais nun momento determinado aparece Iago (Hernán Franco) e, poñendo o metateatro en primeiro plano, solidarízase c un espectador algo atafegado, asumindo que o que están facendo enriba do escenario pode ser unha sorte de toler...

"Strpts//Episodio 1: Mirlo & Rula" - Cinema Sticado

Cinema Sticado emite un filme en directo con elaborados decorados e figuras de cartón " Cinema no vivo, sen audio ou vídeo pregravado". Iso é o que prometen os galegos Xosel Díez e Helena Varela con Cinema Sticado e iso é o que poñen enriba da mesa en "Strpts//Episodio 1: Mirlo & Rula". Non é a primeira vez que propostas similares visitan o OTNI. A formulación da peza lévanos inevitablemente a rescatar dos nosos maxíns a  Macarena recuerda Sheperd . Porén, neste caso a aposta polo mundo audiovisual é moito máis pura, sen apenas concesións para a pericia interpretativa máis aló duns cantos diálogos escolleitos e algúns movementos perfectamente coreografiados. E o enfoque afástase tamén moito da lixeireza e da tensión narrativa de Macarena, de tal xeito que dende o comezo borramos inmediatamente os vestixios da proposta anterior para afrontar unha peza moi distinta. No apartado técnico, este striptease é impecable e abraiante, elaborado a ...

"Locus Amoenus" - Atresbandes

Un momento da representación Aproveita o momento, busca o teu lugar idílico, fai todo o posible por ficar nel e non esquezas que a vida pode rematar nun instante. Entre o   "locus amoenus"   e o   "carpe diem"   abala a proposta que os cataláns Atresbandes presentaron no OTNI do FIOT. Vivimos illados nos nosos propios problemas, mundos e universos, con preocupacións a miúdo intranscendentes e triviais, sen saber que nunha hora todo pode mudar e pasaremos a "non ser", á nada máis absoluta. E que, nunha reviravolta estúpida do destino, a culpa será dun inofensivo coello. Tirando ás veces do surrealismo, con risas e prantos hiperbólicos, con eses sons e músicas amplificados quizais para subliñar a incomunicación que vivimos en realidade os seres humanos, Atresbandes afonda con ironía nos absurdos da nosa existencia, mesturando elementos cotiás -como un libro, unha mazá, un almorzo, unha mochila-, con outros máis transcendentes -a morte, o amor, a orient...

"Los esclavos de mis esclavos" - Teatro Meridional

"Los esclavos de mis esclavos" tivo no FIOT a súa primeira representación Afganistán. Un país que ten mudado nun símbolo. Unha verba que significa moito máis que un país. Un desastre político que aparece de cando en cando nas noticias, coma un ruído xordo, coma unha molestia, como un máis dos conflitos esquecidos que proliferan no noso planeta pero que preferimos agochar para vivir con tranquilidade na nosa cómoda e compracente ignorancia. Pero chegan Julio Salvatierra e Producciones Meridional e rescatan para nós todas as complexidades, todos os matices e todas as miserias que acontecen nun lugar que de repente está á volta da esquina. "Los esclavos de mis esclavos" -que ofreceu no FIOT a súa primeira función- sitúanos rapida e abruptamente nas montañas afganas, con economía de recursos empregados con potencia e sabedoría porque non fai falla perdelos en afondar no contexto, senón indo ao gran, ao quid da cuestión. E ese quid é a realidade que se agocha detr...

"Presidente" - Teatro do Morcego

Un momento da representación Previsíbel, plana, oportunista e chea de clichés semella a revisión que Teatro do Morcego realiza do panorama político actual. Nada novo achega este "Presidente", que carece de intensidade, que non morde, que non calla. Mágoa ter que enumerar a listaxe de eivas presentes nesta proposta. Mais tentaremos facelo con oficio e sen afondar excesivamente no escarnio. Comezamos co apartado interpretativo, frouxo. Cunha asistente esaxerada, prototípica, insubstancial e psicótica. Cun xefe de campaña pasado de voltas, que non achega ningunha credibilidade. Cuns secundarios esquecibles, incluída esa presentadora de debate coa que hai tanto afán de sarcasmo que acaba sendo unha mala caricatura. Balance negativo para todos nun xuízo sumarísimo no que Celso Parada salva os mobles. Ás veces. Xa que noutras un histrionismo esaxerado asoballa todo intento de cordura. Seguimos coa escenografía, falta de imaxinación, de recursos, por momentos cutre, insultando ...

"Constelaciones" - Kendosan Producciones

Fran Calvo e Inma Cuevas protagonizan a produción de Kendosan "Deus non xoga aos dados". O azar non existe. Ou si? Arredor desta famosísima frase de   Albert Einstein   xira "Constelaciones", unha proposta teatral na que os intérpretes Fran Calvo e Inma Cuevas deconstrúen unha e outra vez a historia dunha parella, Roland e Marianne, nos seus peores e mellores momentos, nun interesantísimo exercicio de teatro que require un espectador atento para non perder ningún dos matices que se nos ofrecen enriba do escenario. "Sólo somos partículas gobernadas por una serie de leyes muy particulares que se desparraman por todas partes", asegura Marianne, física cuántica, en plena borracheira. "Si todo lo que voy a hacer en mi vida ya existe, ¿qué pinto yo?", afirma o apicultor Roland. Máis aló do vertixe que este tipo de afirmacións existenciais poidan provocar na nosa consciencia, "Constelaciones" amósanos que cada decisión, cada mo...

"El testamento de María" - Blanca Portillo

O berro mudo chegou á alma do público Aínda que "El testamento de María" é unha coprodución do Centro Dramático Nacional, o Festival Grec e Avance P.T., semella de xusto recoñecemento titular este comentario como "el testamento de Blanca Portillo". Porque aínda que toda a peza, en todos os seus aspectos, está coidada ao máximo, a xenialidade da Portillo, o seu estado de graza, fai que todo brille dunha forma que, probablemente, con outra actriz menos inspirada destacaría algo menos. Todo nesta revisión seglar e algo pagá sobre a vida de María de Nazaret, moi afastada da "Virxe María", está engraxado á perfección. Excepcional o atrezzo e a escenografía, complicada e sinxela a un tempo, axeitada e fermosa. Espectacular o vestiario de Mercé Paloma, que se transforma diante dos nosos ollos en traxe de festa ou sobrio loito a través de sinxelos movementos. Marabillosa a iluminación e os efectos de son, sempre ao servizo da peza e do lucimento da protagonis...